De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a resolución do expediente de procedemento de nomeamento de veterinario actuante do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos a Cristina Varela Penedo, con DNI *****105-Y, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos e non sendo posible a súa práctica.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que a interesada se entenderá notificada desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada poderá comparecer para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias da Dirección Xeral de Patrimonio Natural. Servizo de Conservación da Biodiversidade, situadas na rúa San Lázaro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Contra a resolución do expediente referido, que non pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, no prazo dun mes, conforme o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, contado o dito prazo desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que se considere pertinente.
Santiago de Compostela, 8 de maio de 2017
Ana María Díaz López
Directora xeral de Patrimonio Natural