De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle o emprazamento para trámite de audiencia do expediente de procedemento de nomeamento de veterinario actuante do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos a Marta Mojón Rodríguez, con DNI *****589A, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos e non sendo posible a súa práctica.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para o trámite de audiencia se computará desde esa publicación. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
En cumprimento dos artigos 46 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada poderá comparecer para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica e poderá alegar e presentar os documentos e xustificacións que xulgue pertinentes no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias da Dirección Xeral de Patrimonio Natural. Servizo de Conservación da Biodiversidade, situadas na rúa San Lázaro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Santiago de Compostela, 8 de maio de 2017
Ana María Díaz López
Directora xeral de Patrimonio Natural