Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2017 Páx. 27195

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2017 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de desenvolvemento, soporte e mantemento dun sistema de oficina agraria virtual, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 2017/PA/0042).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 2017/PA/0042

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de desenvolvemento, soporte e mantemento dun sistema de oficina agraria virtual.

A evolución tecnolóxica, funcional, as novas necesidades, como a utilización desde dispositivos móbiles, así como a necesidade de facilitar a usabilidade e a integración coas ferramentas de Administración electrónica, requiren desenvolver un novo sistema que permita actuar de fronte ofrecendo aos profesionais do medio rural unha canle áxil, moderna e eficiente para a súa interacción cos servizos que neste eido se lles prestan, baseada no concepto de oficina agraria virtual. A prestación deste servizo ten acubillo no marco da mellora de sistemas troncais para a tramitación electrónica integral.

(Plan de desenvolvemento de Administración e Goberno electrónico-actuación 52 Feder).

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do obxecto do presente contrato será de 15 meses contados a partir do 1 de outubro de 2017. Se a data de formalización do contrato fose posterior a esta última, o prazo de execución finalizará en todo caso con data límite o 31 de decembro de 2018.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Valor estimado: 612.727,28 €.

5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 612.727,28 €, máis 128.672,72 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 741.400,00 € (setecentos corenta e un mil catrocentos euros), que se distribúe nas seguintes anualidades:

• 2017: 122.545,45 € + 25.734,54 € (IVE 21 %) = 148.279,99 €.

• 2018: 490.181,83 € + 102.938,18 € (IVE 21 %) = 593.120,01 €.

Cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Obxectivo temático 2 «Mellorar o uso e a calidade das TIC e o acceso a estas»; prioridade de investimento 2.3 «O reforzo das aplicacións das TIC para a Administración electrónica, a aprendizaxe electrónica, a inclusión electrónica, a cultura electrónica e a sanidade electrónica»; obxectivo específico 2.3.2 «Reforzar o e-goberno, e-cultura e a confianza no ámbito dixital»; liña de actuación 52; actuación 2.3.2.1 «Administración e Goberno electrónico».

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=167833

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 10 de xullo de 2017, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Enderezo: Rexistro da Amtega.

2º. Dirección: edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas:

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicaranse no perfil do contratante.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 30 de maio de 2017.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia