Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2017 Páx. 27139

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (31/2017).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 31/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alicia Codina Lamoso contra Pulpería Ruzo Marín, S.L.U. e PR KJ Maranatha, S.L.U., sobre ordinario, se ditou a resolución en que se acorda:

Declarar os executados, Pulpería Ruzo Marín, S.L.U. e PR KJ Maranatha, S.L.U., en situación de insolvencia por importe de 1.419,02 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

Para que sirva de notificación en legal forma a Pulpería Ruzo Marín, S.L.U. e PR KJ Maranatha, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 11 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza