Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2017 Páx. 26895

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello do Pino (expediente IN407A 2017/15-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Vilariño, 339-340, S.L.

Domicilio social: rúa Valiño, 5, baixo, 15707 Santiago de Compostela.

Denominación: LMTS, CS e CT proxecto de instalación eléctrica en MT para urbanización Lugar de Pedrouzo.

Situación: lugar de Pedrouzo, 15821 Arca-O Pino (A Coruña).

Características técnicas: liña de media tensión soterrada, con inicio no centro de transformación da empresa distribuidora UDC600 (UTM: 552.425; 4.750.851), e fin na arqueta situada diante do CT, unha vez entre e saia no CT1-fase1. Condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 3 (1×240 mm2), Al, lonxitude aproximada de 305 m.

Centro de transformación (CT1-fase 1) en caseta prefabricada de formigón, con celas prefabricadas de entrada, saída e protección (24 kV, 400 A, 16 kA) e un transformador de 630 kVA, refrixeración natural en baño de aceite mineral e relación de transformación 20 kV/420 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao medio.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; sen prexuizo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 11 de maio de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña