Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2017 Páx. 26865

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 14/2017).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 14/2017 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Iñigo Arbelaiz Martínez contra a empresa Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Acordo:

a) Declarar ao/aos executado/s Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en situación de insolvencia por importe de 8.240,52 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Firme, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

E para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 10 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza