Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2017 Páx. 26951

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 25 de abril de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se lles notifica ás persoas interesadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados no caso de non achegar os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Pola presente cédula, e debido a que os abaixo relacionados non foron encontrados nos domicilios que figuran nos rexistros do Hospital da Costa, ou que foran alegadas distintas causas para non recibir as notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral da seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non presentar no prazo de 10 días os datos e documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán pola súa conta, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 221/2012, do 21 de outubro (DOG núm. 222, do 21 de decembro), Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG núm. 96, do 21 de maio) polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que se debe presentar deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario (teléfono 982 58 99 97).

Para que conste, sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula; a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Burela, 25 de abril de 2017

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

ANEXO

Nome do paciente

DNI/NIF

Carballedo Teijeiro, Eladio

033310036X

Negura --- Ana Andreea

X08819361B

Sofian --- Ionela Marcela

Y02869909Y

Iordachesch --- Doina

Y04474459F

Uriz Costas, Rubén

047360602Z

Bahon Porro, Lucía

González López, Manuel

076932620N

Vasile --- Marinela-Verónica

Varia --- Cerasela-Mariana

Del Carmen --- Dinorah

Chirinos Rojas Danixy Carolina

Torres López, Emilio José

13981631T