Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2017 Páx. 26909

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 15 de maio de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se notifica a resolución ditada no procedemento sancionador 2012203-PL-CO, por infracción en materia sanitaria.

O 24 de outubro de 2012 a xefa territorial da Consellería de Sanidade da Coruña acordou a suspensión da instrución do procedemento sancionador 2012203-PL-CO ata que se ditase resolución xudicial sobre os feitos. A suspensión foille notificada ao interesado no procedemento con data 26 de outubro de 2012.

Recaída resolución xudicial firme, o 4 de abril de 2017 a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade acordou o levantamento da suspensión, e intentou notificarllo ao interesado no seu último domicilio coñecido. A notificación foi devolta polo servizo de Correos por estar ausente ou resultar descoñecida a persoa destinataria.

O 3 de maio de 2017 a Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade resolveu o procedemento sancionador 2012203-PL-CO, e intentou notificarllo ao interesado no seu último domicilio coñecido. A notificación foi devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecida a persoa destinataria.

En conformidade co disposto polo artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao se ter intentado a notificación da resolución recaída no procedemento sancionador 2012203-PL-CO, e non se poder practicar, esta farase mediante publicación dun anuncio no Boletín Oficial del Estado, e, con carácter potestativo, poderase publicar previamente no Diario Oficial de Galicia. En concordancia co anterior, por medio deste anuncio notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acordo adoptado.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, o interesado dispón dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar o acordo na Subdirección Xeral de Inspección, Auditoría e Acreditación de Servizos Sanitarios, situada no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela.

Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2017

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Número de expediente: 2012203-PL-CO.

Interesado: Emilio Arias Aparicio.

NIF: 33263196K.

Último enderezo coñecido: rúa Entremurallas, 8-bis, 15702 Santiago de Compostela.