Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2017 Páx. 26677

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilar de Barrio

ANUNCIO de cambio de uso de terreo reservado para equipamento público edificio docente a equipamento público velorio.

O Pleno do Concello de Vilar de Barrio, na súa sesión ordinaria que tivo lugar o 27 de febreiro de 2017, adoptou, por unanimidade dos membros presentes, o seguinte acordo:

Primeiro. Acordar, logo de autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o cambio de uso dos terreos reservados para equipamento público-edificio docente a equipamento público-velorio, de acordo co artigo 42.5 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e o o artigo 65.7 do Decreto 143/2016, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do solo de Galicia, situados en Penouzos e Seiró, cos seguintes datos:

– Referencia catastral 001205800PG17A0001LR (Penouzos 58, Vilar de Barrio).

– Referencia catastral 001405500PG17A0001WR (Seiró 55, Vilar de Barrio).

Segundo. Acordar a publicación deste acordo no BOP e no DOG.

Terceiro. Dar conta do presente acordo á consellería competente en materia de ambiente e ordenación do territorio.

Vilar de Barrio, 8 de maio de 2017

Julio Pérez Carballo
Alcalde