Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2017 Páx. 26673

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación da subministración sucesiva de formigón (expediente 07/17).

Por Acordo da Xunta de Goberno Local do 4 de maio de 2016, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 07/17).

2. Obxecto do contrato: subministración de formigón.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 40.000 € (33.057,85 € de base máis 6.942,15 € en concepto de IVE). Prazo de execución: 1 ano (con posibilidade de prórroga un (1) ano).

5. Garantías: non se exixen, conforme o artigo 95 do TRLCSP.

6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 18 de maio de 2017

A Alcaldesa
P.D. (Decreto do 16.5.2017)
Manuel Carrera Punzón
Alcalde accidental