Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2017 Páx. 26571

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1831/2014).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1831/2014 desta sección, seguido por instancia da Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Disvifan, S.L., Rumilda Pastora Ayala Estigarribia, Yohana Moreno Sanabria, Nelida Rafaela González Sánchez, Liliana Concepción Mareco Santacruz, Alane Cristina Bezerra Silva, Norma Alejandra Benítez, Stella Osagie, Luz Elena Londoño Holguin, Reylla Cristina Dias Arruda Chagas, Viorica Cornea, Hevelly Oliveira Marques Duraes, Sonia Regina Ribeiro, Kelyn Moreno Guzmán sobre outros dereitos laborais, a Sala do Social do Tribunal Supremo o 7 de marzo de 2017 ditou a seguinte resolución:

«Decido:

Por todo o expuesto, en nome do rei e pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu estimar o recurso de casación para a unificación de doutrina interposto pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra a sentenza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 3 de xullo de 2015 (peza 1831/201); estimar o recurso da dita clase interposto pola indicada Tesouraría Xeral da Seguridade Social, declarar a lexitimación desta para a interposición da demanda e anular a sentenza do Xulgado do Social número 1 de Vigo do 28 de novembro de 2013 (autos 749/2013), ordenando a reposición das actuacións ao momento anterior a ser ditada para que o dito órgano xurisdicional de instancia dite outra na que se resolvan todas as cuestións formuladas no litixio. Sen custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e insírase na colección lexislativa. Así se acorda e asina.

Para que sirva de notificación en legal forma a Disvifan, S.L., Rumilda Pastora Ayala Estigarribia, Yohana Moreno Sanabria, Nelida Rafaela González Sánchez, Liliana Concepción Mareco Santacruz, Alane Cristina Bezerra Silva, Norma Alejandra Benítez, Stella Osagie, Luz Elena Londoño Holguin, Reylla Cristina Dias Arruda Chagas, Viorica Cornea, Hevelly Oliveira Marques Duraes, Sonia Regina Ribeiro, Kelyn Moreno Guzmán, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza