Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2017 Páx. 26647

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 5 de maio de 2017 pola que se autoriza a transmisión inter vivos das concesións administrativas e das bateas Ango II e Emilia V.

Visto os expedientes instruidos para os efectos de transmisión das bateas Ango II e Emilia V, e das concesións administrativas que os amparan, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 4 de maio de 2017, María José Esperante Redondo (76779853B) solicita autorización para transmisión inter vivos das concesións administrativas e da batea Ango II ao 25 % e da batea Emilia V ao 50 %.

Segundo. A solicitante presentou a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro); coa Resolución do 12 de abril de 2012 de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, e coa disposición adicional novena do Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG número 239, do 16 de decembro), que dispón que as delegacións de competencias outorgadas polos distintos órganos superiores e de dirección afectados por este decreto, continuarán vixentes ata que sexan expresamente revogadas ou novamente outorgadas. Así mesmo, o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar (DOG número 221, do 19 de novembro), dispón a creación das xefaturas territoriais.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde de 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos a favor de José Francisco Esperante Redondo (76778074A) e Carmen María Oubel Hermo (76778876T), das concesións administrativas e das bateas que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Ango II.

Situación:

Cuadrícula número: 229.

Polígono: E.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 29.2.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: José Francisco Esperante Redondo (76778074A), 75 % privativo, e María José Esperante Redondo (76779853B), 25 % privativo.

Novos titulares: José Francisco Esperante Redondo (76778074A), 75 % privativo, e outro 25 % ganancial con Carmen María Oubel Hermo (76778876T).

Tipo: batea.

Nome: Emilia V.

Situación:

Cuadrícula número: 93.

Polígono: E.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 28.11.1967.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: José Francisco Esperante Redondo (76778074A), 50 % privativo, e María José Esperante Redondo (76779853B), 50 % privativo.

Novos titulares: José Francisco Esperante Redondo (76778074A), 50 % privativo, e outro 50 % ganancial con Carmen María Oubel Hermo (76778876T).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcurrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. Os novos titulares das concesións administrativas quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común nas administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 5 de maio de 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña