Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2017 Páx. 26628

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2017/183-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: paso a caseta del CT Ermida y soterramiento VLG802-Noalla.

Situación: Sanxenxo.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ estruturada do seguinte xeito:

– 383 metros; orixe: arqueta proxectada sobre a VLG8021651 cara ao centro de transformación (CT) praia Foxos; final: arqueta proxectada sobre a VLG802 cara ao CT A Lanzada, unha vez entre e saia do CT proxectado Ermida.

– 608 metros; orixe: CT Ermida; final CT Arbón.

– 274 metros; orixe: CT Arbón; final: punto de acceso á rede (PAR) no tramo VLG8021698 cara o CT campo de fútbol A Lanzada.

– 271 metros; orixe: CT Arbón; final: par no tramo VLG802 cara a derivación ao CT Augas Toxas.

Centro de transformación en caseta, a 250 kVA, con RT 20 kV/400-230 V, situado no contorno da Ermida de A Lanzada, Noalla, Sanxenxo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 5 de maio de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra