Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2017 Páx. 26608

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 16 de maio de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, polo que se notifican as solicitudes de acreditación da representación nos recursos de alzada en materia de transportes terrestres, devoltas polo servizo de Correos porque, intentadas as notificacións, non se puideron efectuar (RA/M/2017/00298 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse as solicitudes de acreditación da representación dos recursos de alzada formuladas contra as resolucións da Dirección Xeral de Mobilidade dos expedientes sancionadores que se sinalan no anexo, por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentadas as notificacións, non se puideron efectuar.

Examinados os recursos interpostos, observouse que estes carecen dun requisito esencial exixido polo artigo 32.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, onde se recolle que, para interpoñer recursos, se deberá acreditar a representación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna. Polo tanto, requírense para que presenten a documentación (orixinal ou copia compulsada) do representante para actuar en nome da entidade, e que a remitan á Consellería de Infraestruturas e Vivenda; Secretaría Xeral Técnica; Servizo Técnico-Xurídico; San Caetano, bq. 5; 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Por todo o exposto, e co fin de dar cumprimento ao establecido no artigo 110.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ter así por interpostos os recursos presentados, deberán proceder ás emendas das faltas mencionadas no prazo de dez (10) días contados a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, tal e como se establece no artigo 32.4 da mencionada lei.

Cómpre lembrarlles que, de non procederen á corrección dos defectos antes mencionados, esta Administración dará cumprimento ao establecido no artigo 113.1 da Lei 30/1992 inadmitindo os recursos interpostos.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2017

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Recurso de alzada

Expediente

Empresa

Enderezo

RA/M/2017/00298

PO-00924-O-2014

Silagro, S.L.

R/ Progreso 131-1º B

32003 Ourense

RA/M/2017/00228

PO-00953-O-2014

Jardima Budiño, S.L.

San Salvador de Budiño-A Cruz, nº 4

36475 O Porriño-Pontevedra

RA/M/2017/00224

OU-00788-O-2014

Mecano Rent, S.L.

Vivero de Empresas José Antonio Coto

Polígono Olloniego, 51

33660 Oviedo-Asturias

RA/M/2017/00171

XC-00773-O-2014

Grúas Sergio, S.L.

Rector Leopoldo Alas Hijo, 7-5º A

33044 Oviedo-Asturias