Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2017 Páx. 26441

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se fai pública a inclusión de varios exemplares no Catálogo galego de árbores senlleiras.

En cumprimento do disposto no artigo 4.8 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras,

RESOLVO:

Facer pública a inclusión dos seguintes exemplares no Catálogo galego de árbores senlleiras, mediante Resolución do 16 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:

Data de solicitude: 18.3.2016.

Código: 149A.

Nome da árbore: Ombú do Castro.

Especie: Phytolacca dioica L.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 522.641/4.675.127.

Motivos da catalogación: dimensións e importancia histórica e cultural.

Data de solicitude: 1.6.2015.

Código: 32F.

Nome da formación: Faias de San Xoán de Lagostelle.

Especie: Fagus sylvatica L.

Localidade: San Xoán de Lagostelle.

Concello: Guitiriz.

Provincia: Lugo.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 590.052/4.781.501.

Motivos da catalogación: dimensións.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2017

Ana María Díaz López
Directora xeral de Patrimonio Natural