Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2017 Páx. 26657

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento de diversos servizos de difusión de repositorios en lingua galega, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 31/2016).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de desenvolvemento dun sistema de xestión do ciclo de vida dos contidos de repositorios lingüísticos e o desenvolvemento dos portais públicos de difusión da Enciclopedia Galega Universal, do Dicionario Galego e dun Dicionario Galego de Termos Veterinarios.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 4 de maio de 2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 206.110,41 € (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación: 180.720,00 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 17 de abril de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 10 de maio de 2017.

c) Contratista: Balidea Consulting and Programming, S.L.

d) Importe de adxudicación: 125.085,12 € (IVE excluído).

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia