Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2017 Páx. 26591

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (101/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Ana Isabel Seoane Freire contra Segaprel, S.L. rexistrado co número ETX 101/2017 se acordou notificar parte dispositiva de auto e decreto do 26 de abril de 2017 ditado no procedemento a Segaprel, S.L., en ignorado paradoiro:

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Ana Isabel Seoane Freire, fronte a Segaprel, S.L., parte executada, por importe de 4.718,82 euros de salarios atrasados, máis 1.321,27 euros de xuros do artigo 29.3 do ET, máis 5.238,20 euros de indemnización, máis 1.127,82 euros provisionalmente orzados para xuros e custas da execución sen prexuízo de posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC; a executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución.

Contra este auto poderase interpoñer recurso de reposición, que se interpoñerá perante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, en que ademais de alegar as posibles infraccións en que poida incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título; a compensación e as débedas non serán admisibles como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza. A letrada da Administración de xustiza.

(…)

Parte dispositiva:

Acordo en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Segaprel, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Ana Isabel Seoane Freire e ao Fondo de Garantía Salarial, polo prazo de quince días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens e do seu resultado se acordará o procedente.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos; será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

A letrada da Administración de xustiza.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que sirva de notificación a Segaprel, S.L., en ignorado paradoiro expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza