Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2017 Páx. 26352

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 503/2014).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 503/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Coira Lorenzo contra Construcciones Rafra, S.L. e Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

– Suspender os actos de conciliación e xuízo sinalados para o día 11 de maio de 2017, ás 10.25 horas e 10.30 horas, respectivamente, e citar novamente as partes para que comparezan o próximo día 14 de xuño de 2017, ás 9.45 horas, na oficina xudicial, edificio na rúa Berlín, á celebración do acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza e, unha vez intentada, e en caso de non se alcanzar a avinza, ás 9.50 horas do mesmo día, na planta baixa, sala 1, edificio na rúa Berlín, á celebración do acto de xuízo ante a maxistrada. Cítanse en legal forma as partes cos mesmos requirimentos e apercibimentos da primeira resolución en que se convocaban a xuízo.

– Citar a Construcciones Rafra, S.L. por medio de edicto que se inserirá no Diario Oficial de Galicia.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Rafra, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza