Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2017 Páx. 26389

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se notifica a resolución do expediente SAN-PO-0064/2015-IA.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente SAN-PO-0064/2015-IA.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

Para coñecer o contido integro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias. Servizo de Sanidade Animal, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo á súa elección, ben ante o xulgado do contencioso correspondente ao seu domicilio ou ben ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, por ser a sede do órgano autor do acto orixinario impugnado, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, segundo o disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2017

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Expediente: SAN-PO-0064/2015-IA.

Interesado: Iván Penín Martínez.

Acto de notificación: resolución do recurso de alzada.

Último enderezo coñecido: rúa Drozo, 3, 15660 Cambre, A Coruña.