Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2017 Páx. 26334

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 371/2016).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevdra, fai saber que no procedemento 371/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Elena Castro García contra a empresa Jose Luis Leiro Otero e Fondo de Garantía Salarial, se ditou sentenza, cuxa resolución é a seguinte:

Estimando parcialmente a demanda interposta por Elena Castro García fronte á empresa José Luis Leiro Otero, condeno a empresa demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 1.606,96 euros máis o 10 % en concepto de xuros por mora.

Coa intervención do Fogasa.

Contra a presente resolución non cabe interpor ningún recurso.

E para que sirva de notificación en legal forma a José Luis Leiro Otero, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 4 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza