Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2017 Páx. 26405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 6 de abril de 2017, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Depuradora Moluscos La Sirena, S.L. de modificación substancial da concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario do porto de Tragove (Cambados) para construción de depuradora e centro de expedición de moluscos con destino a incluír novo uso de elaboración de produtos do mexillón V gama, así como ampliación de volume e remodelación interior (expediente 13-36-00-C2).

Gonzalo Molpeceres Fernández solicita, en nome e representación da entidade Depuradora de Moluscos La Sirena, S.L., a modificación substancial da concesión administrativa para a construción de depuradora e centro de expedición de moluscos no porto de Tragove (Cambados), segundo o proxecto titulado «Proxecto básico para ampliación dunha depuradora de moluscos para novos servizos industriais» redactado polo enxeñeiro agrónomo Josep Verdaguer I Montanyá en novembro de 2015.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 6 de abril de 2017

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur