Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 30 de maio de 2017 Páx. 26116

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2017/7-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Feosa Distribución, S.A.

Enderezo Social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: reforma M.T. para subministración á ampliación do complexo hospitalario de Ourense: LMTS, en condutor RHZ1 1×240 Al, BBA801, BBA803, VLL804, e dos CC.SS. Residencia II, Residencia I e Rairo.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas:

– Ampliación LMT saída BBA803: LMT subterránea a 20 kV de 786 m, con orixe na LMT do CT Sainza (32C685) e remate na LMTS ao CT Sainza II (32C690), desconectando os CC.TT. Sanidade, avda. Zamora 1, Bonhome 24, Nsa. Sra. da Saínza e Portalón do Casar, da LMT BBA801.

– LMT subterránea a 20 kV de 373 m, con orixe na LMT existente BBA1 da subestación Barbaña e remate no C.S. Residencia I (32CB5).

– LMT subterránea a 20 kV de 95 m, con orixe no C.S. Residencia II e remate no C.S. Residencia I, conexión dos CC.SS.

– LMT a 20 kV de 95 m, con orixe no C.S. Residencia II e remate na LMT ao C.T. Ramón Puga, conexión coa LMT VLL804

– Reforma e adecuación dos CC.SS. Residencia II (32CCX0), Residencia I (32CBC5) e Rairo (32C5671), coa instalación das correspondentes celas en SF6, telecontroladas.

Orzamento: 217.255,36 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 4 de maio de 2017

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense