Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 30 de maio de 2017 Páx. 26141

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2017 pola que se anuncia a declaración de deserta da licitación, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de soporte da plataforma corporativa de xeración de informes da Xunta de Galicia (expediente 2017/PA/0005).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 2017/PA/0005.

d) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=148523

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é contar cos servizos de soporte ante incidencias da plataforma de xeración de informes (reporting) da Xunta de Galicia, baseada no software Jasper Reports Server.

b) División en lotes: non.

c) Medio de publicación do anuncio:

DOG: 19.4.2017.

d) Prazo e lugar de entrega: 4.5.2017.

e) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: 49.586,78 €, máis 10.413,22 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 60.000,00 €, que se distribúe nas seguintes anualidades:

2017: 14.462,81 €+ IVE (3.037,19 €) = 17.500,00 €

2018: 24.793,39 € + IVE (5.206,61 €) = 30.000,00 €

2019: 10.330,58 € + IVE (2.169,42 €) = 12.500,00 €

5. Formalización do contrato.

a) Estado: deserto.

b) Data da declaración: 12.5.2017.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2017.

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia