Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 30 de maio de 2017 Páx. 26049

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 10 de maio de 2017 pola que se modifica a autorización do centro de ensinanzas deportivas Cented, do Pereiro de Aguiar (Ourense).

O representante da titularidade do centro de ensinanzas deportivas Cented, do Pereiro de Aguiar, solicita autorización para impartir as ensinanzas conducentes á obtención dos títulos de técnico deportivo e técnico deportivo superior en fútbol sala, reguladas no Decreto 356/2003, do 11 de setembro e no Decreto 374/2003, do 16 de setembro; ensinanzas incluídas no ámbito do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, que establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial.

O Decreto 410/2003, do 6 de novembro, regula os requisitos e o procedemento para a autorización a centros privados e a centros públicos que non sexan de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para impartir ensinanzas de técnicos deportivos na Comunidade Autónoma de Galicia; norma desenvolvida polas ordes desta consellería do 12 de abril de 2004 e do 23 de abril de 2004, nas que se determinan o procedemento de autorización e os requisitos mínimos dos espazos administrativos e docentes xenéricos cos que deben contar os centros.

Por canto antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar as ensinanzas conducentes á obtención dos títulos de técnico deportivo e técnico deportivo superior en fútbol e fútbol sala no centro educativo cuxos datos se sinalan a seguir:

Denominación xenérica: centro autorizado de ensinanzas deportivas (CAD).

Denominación específica: Cented.

Código do centro: 32020896.

Titular: 2005 Tecniproneo, S.L.

Domicilio: rúa un, nº 9, urbanización Monterrei.

Lugar: O Pereiro de Aguiar.

Concello: O Pereiro de Aguiar.

Provincia: Ourense.

Composición resultante:

Grao medio:

– As ensinanzas conducentes á obtención do título de técnico deportivo en fútbol (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

– As ensinanzas conducentes á obtención do título de técnico deportivo en fútbol sala (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

Grao superior:

– As ensinanzas conducentes á obtención do título de técnico deportivo superior en fútbol (1 unidade para 30 alumnos/as).

– As ensinanzas conducentes á obtención do título de técnico deportivo superior en fútbol sala (1 unidade para 30 alumnos/as).

Segundo. Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria