De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a proposta de resolución do expediente PSC-CO-0952/2016-PPM e un máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formularen as alegacións e presentaren os documentos e informacións que xulguen oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.
A Coruña, 11 de maio de 2017
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: PSC-CO-0952/2016-PPM.
Persoa interesada: Luis Antonio Vázquez Ozores.
Acto de notificación: proposta de resolución.
Último enderezo coñecido: A Pesqueira, 357, Cabo de Cruz, Boiro.
Expediente: PSC-RI-0046/2015-TRA.
Persoa interesada: Agustín Cadillo Pérez.
Acto de notificación: proposta de resolución.
Último enderezo coñecido: r/ Nueve de Agosto, 6-5º D, Ribeira.