Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 29 de maio de 2017 Páx. 25911

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 12 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 03/2017-LU.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo citado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade. Servizo de Recursos Especializados para a Discapacidade, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

De conformidade co sinalado no acordo de incoación referido, o interesado dispón dun prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da súa notificación, para achegar cantas alegacións xulgue pertinentes. De non efectuar alegacións neste prazo sobre o contido do acordo de incoación, este poderá ser considerado proposta de resolución nos termos previstos polo artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2017

A directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade
P.D. (Resolución do 21.4.2017; DOG núm. 78, do 24 de maio)
Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Expediente: 03/2017-LU.

Interesado: José María Díaz Chao.

DNI: 32646650J.

Último enderezo coñecido: rúa Río Mao, 8. CP 27340 Bóveda (Lugo).

Acto de notificación: acordo do 25 de abril de 2017 de incoación de procedemento sancionador.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 89.1 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, en relación co disposto nos artigos 92.1 e 95.b) da mesma norma legal.

Sanción proposta: artigo 96 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.