Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 29 de maio de 2017 Páx. 25886

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade da declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 22 de febreiro de 2017, relativa ás instalacións eléctricas LAT 220 kV DC Lousame-Mazaricos, nova subestación a 220 kV de Lousame, LAT 220 kV DC E/S na subestación Lousame da LAT Santiago-Tambre e LAT 220 kV DC Lousame-Tivo, promovidas por Red Eléctrica de España, S.A.U. nas provincias da Coruña e Pontevedra.

De conformidade co disposto polo artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental,

RESOLVO:

Dar publicidade mediante esta resolución á declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 22 de febreiro de 2017, relativa ás instalacións LAT 220 kV DC Lousame-Mazaricos, nova subestación a 220 kV de Lousame, LAT 220 kV DC E/S na subestación Lousame da LAT Santiago-Tambre e LAT 220 kV DC Lousame-Tivo, promovidas por Red Eléctrica de España, S.A.U. nas provincias da Coruña e Pontevedra, e que se poderá consultar no enlace http://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sitas no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas