De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado que se relaciona no anexo a incoación do expediente sancionador por infracción en materia de industria, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
O interesado ou o seu representante dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio de notificación, para poder examinar o expediente nas dependencias da Asesoría Xurídica da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º andar, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos e, no caso de non efectuar alegacións a este acordo, este poderá considerarse proposta de resolución.
Pontevedra, 9 de maio de 2017
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente de reclamación: IN635C 2017/3-4.
Interesado: Talleres Noé Lorenzo.
CIF: B-27810118.
Acto notificado: incoación de expediente sancionador.