De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado que se relaciona no anexo a resolución do expediente de reclamación en materia de enerxía eléctrica, despois de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na avenida Fernández Ladreda, 43, en Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e a súa constancia.
Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.
Pontevedra, 9 de maio de 2017
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente de reclamación: IN635A 2017/32-4.
Reclamante: Carlos Veiga Jalda.
Acto notificado: resolución.