Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Begasa.
Domicilio social: parque empresarial As Gándaras, r/ A, parcela U2, Lugo.
Denominación: OCR Chao do Pousadoiro.
Situación: concello de Ribeira de Piquín.
Características técnicas:
1. LMTS a 20 kV dirección Galegos con orixe na cela 2 do OCR Chao do Pousadoiro proxectado e final nunha conversión en apoio metálico existente na LMT aérea dirección Galegos, cunha lonxitude de 26 metros de condutor tipo RHZ1-240.
2. LMTS a 20 kV dirección Meira con orixe na cela 3 do OCR Chao do Pousadoiro proxectado e final nunha conversión en apoio metálico existente na LMT aérea dirección Meira, cunha lonxitude de 60 metros en condutor tipo RHZ1-240.
3. LMTS a 20 kV dirección Meira con orixe na cela 5 do OCR Chao do Pousadoiro proxectado e final nunha conversión en apoio metálico existente na LMT aérea dirección Meira, cunha lonxitude de 60 metros en condutor tipo RHZ1-240.
4. LMTS a 20 kV dirección Soutelo con orixe na cela 6 do OCR Chao do Pousadoiro proxectado e final nunha conversión en apoio metálico existente na LMT aérea dirección Soutelo, cunha lonxitude de 30 metros de condutor tipo RHZ1-240.
5. LMTS a 20 kV dirección Ouviaña-A Fonsagrada, con orixe na cela 7 do OCR Chao do Pousadoiro proxectado e final nunha conversión en apoio metálico existente na LMT aérea dirección Ouviaña-A Fonsagrada, cunha lonxitude de 63 metros de condutor tipo RHZ1-240.
6. OCR Chao do Pousadoiro en edificio prefabricado tipo PF 202, no cal se instalan tres celas de liña, dúas de interruptor automático, unha de servizos auxiliares e unha cela de acople.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.
Lugo, 3 de maio de 2017
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo