Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 29 de maio de 2017 Páx. 25881

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 8 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se someten a información pública varias solicitudes de inclusión no Catálogo galego de árbores senlleiras

O artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, establece o procedemento de catalogación e descatalogación de exemplares e formacións.

As seguintes solicitudes de inclusión de exemplares e formacións no Catálogo galego de árbores senlleiras foron realizada polas persoas interesadas de acordo con ese procedemento:

Rexistro de entrada: 605/RX145467.

Data: 20.1.2017.

Solicitante: Juan Carlos Outeiriño Martínez.

Especie: Quercus robur L.

Localidade: Santa Marta.

Concello: San Cibrao das Viñas.

Provincia: Ourense.

Rexistro de entrada: 157/RX403074.

Data: 17.2.2017.

Solicitante: José Jaime de Orozco y Sánchez-Aguilera.

Especie: Platanus x hispanica Mill. ex Münchh.

Localidade: Couto de Outeiro.

Concello: Mondoñedo.

Provincia: Lugo.

Rexistro de entrada: 158/RX403096.

Data: 17.2.2017.

Solicitante: José Jaime de Orozco y Sánchez-Aguilera.

Especie: Fraxinus excelsior L.

Localidade: Couto de Outeiro.

Concello: Mondoñedo.

Provincia: Lugo.

Rexistro de entrada: 159/RX403099.

Data: 17.2.2017.

Solicitante: José Jaime de Orozco y Sánchez-Aguilera.

Especie: Buxus sempervirens L.

Localidade: Couto de Outeiro.

Concello: Mondoñedo.

Provincia: Lugo.

Rexistro de entrada: 160/RX403111.

Data: 17.2.2017.

Solicitante: José Jaime de Orozco y Sánchez-Aguilera.

Especie: Buxus sempervirens L.

Localidade: Couto de Outeiro.

Concello: Mondoñedo.

Provincia: Lugo.

Rexistro de entrada: 161/RX403116.

Data: 17.2.2017.

Solicitante: José Jaime de Orozco y Sánchez-Aguilera.

Especie: Buxus sempervirens L.

Localidade: Couto de Outeiro.

Concello: Mondoñedo.

Provincia: Lugo.

Rexistro de entrada: 162/RX403124.

Data: 17.2.2017.

Solicitante: José Jaime de Orozco y Sánchez-Aguilera.

Especie: Buxus sempervirens L.

Localidade: Couto de Outeiro.

Concello: Mondoñedo.

Provincia: Lugo.

Rexistro de entrada: 163/RX403127.

Data: 17.2.2017.

Solicitante: José Jaime de Orozco y Sánchez-Aguilera.

Especie: Buxus sempervirens L.

Localidade: Couto de Outeiro.

Concello: Mondoñedo.

Provincia: Lugo.

Rexistro de entrada: 164/RX403140.

Data: 17.2.2017.

Solicitante: José Jaime de Orozco y Sánchez-Aguilera.

Especie: Camellia japonica L.

Localidade: Couto de Outeiro.

Concello: Mondoñedo.

Provincia: Lugo.

Rexistro de entrada: 165/RX403143.

Data: 17.2.2017.

Solicitante: José Jaime de Orozco y Sánchez-Aguilera.

Especie: Camellia japonica L.

Localidade: Couto de Outeiro.

Concello: Mondoñedo.

Provincia: Lugo.

Rexistro de entrada: 1408/RX514427.

Data: 2.3.2017.

Solicitante: Aurelio Blanco Trincado (Instituto de Estudios Valdeorreses).

Especie: Thuja plicata Donn ex D. Don.

Localidade: Arnado.

Concello: Vilamartín de Valdeorras.

Provincia: Ourense.

Rexistro de entrada: 3018/RX767140.

Data: 27.3.2017.

Solicitante: Ismael Antonio López Pérez (Asociación Petón do Lobo).

Especie: Quercus robur L.

Localidade: Corcoesto.

Concello: Cabana de Bergantiños.

Provincia: A Coruña.

O artigo 4.4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións, e a documentación presentada xunto a elas, se someterán ao trámite de información pública por un prazo de vinte días, para os efectos de que os interesados poidan presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

En consecuencia, ábrese un período de información pública das solicitudes de catalogación mencionadas neste anuncio, e a documentación presentada xunto a elas, durante un prazo de 20 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aqueles interesados que se consideren directamente afectados poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico: dxpn.cmot@xunta.gal, poñendo no asunto Información pública árbores senlleiras.

Durante o citado prazo, a documentación correspondente poderá ser examinada nos seguintes lugares:

– Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Coruña, Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña.

– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de Lugo, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo.

– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de Ourense, rúa do Paseo, 18, 32003 Ourense.

Durante ese mesmo período poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://cmaot.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=expedientes_senlleiras.html&sub=Arbores_senlleiras/) a información dos expedientes que non se corresponda con datos de carácter persoal (Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal).

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2017

Ana María Díaz López
Directora xeral de Patrimonio Cultural