Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 26 de maio de 2017 Páx. 25678

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo suxeito a regulación harmonizada do servizo para a asistencia técnica á dirección facultativa de obra hidráulica na execución do tanque de tormentas en Santa Cruz, Oleiros (A Coruña), cofinanciado nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Número de expediente: OH.915.1110.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e desde a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de servizo.

b) Descrición: asistencia técnica á dirección facultativa de obra hidráulica na execución do tanque de tormentas en Santa Cruz, Oleiros (A Coruña)

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea número S146, do 30 de xullo de 2016; Diario Oficial de Galicia número 146, do 3 de agosto e Boletín Oficial del Estado número 190, do 8 de agosto.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de adxudicación e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 369.910,30 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas contractuais previstas.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 264.221,64 euros. Importe total: 319.708,18 euros. Esta actuación cofinánciase pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 6 «Conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos»; prioridade de investimento 6.2. «O investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para abordar as necesidades, determinadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos»; obxectivo específico 6.2.1 «Culminar os requisitos da Directiva marco da auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga», actuación 6.2.1.2 (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO) «Reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas». Unha maneira de facer Europa.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 14 de marzo de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 10 de abril de 2017.

c) Contratista: Diagrama Ingeniería Galicia, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 184.000 euros. Importe total: 222.640 euros.

e) Vantaxes da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia á dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil de contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2017

A Presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia