Faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de arrendamento:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Concello de Ourense.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
c) Número de expediente: 2016010783 (ref. 2410).
d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.gal.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: privado.
b) Descrición do obxecto: arrendamento dun inmoble para a cesión do seu uso á Asociación de Veciños A Cuña.
c) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.
d) Data de publicación do anuncio de licitación: 14 de xuño de 2016, 16 de xuño de 2016 e 20 de xuño de 2016.
3. Trámite e procedemento de adxudicación.
a) Trámite: ordinario.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación. 6.156 euros (IVE incluído) por cada ano de contrato.
5. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 23 de febreiro de 2017.
b) Data de formalización: 18 de abril de 2017.
c) Adxudicatario: Ramón Casas Rodríguez.
d) Importe de adxudicación. Importe neto: 5.081,40 euros. IVE: 1.067,09 euros. Importe total: 6.148,49 euros/anuais.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a única oferta presentada e cumprir esta con todos os criterios dos pregos de condicións, de conformidade cos informes que constan no expediente.
Ourense, 18 de abril de 2017
Jesús Vázquez Abad
Alcalde