Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 26 de maio de 2017 Páx. 25647

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 2 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Vedra (expediente IN407A 2016/3013-1).

Expediente: IN407A 2016/3013-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento polígono 507 parcela 5006 portela Grande.

Concello: Vedra.

Características técnicas:

– LMTA (actuación nº 1) a 20 kV, de 300 m, condutor tipo LA-110 Al, con orixe no apoio nº 64 existente da LMT SNT-839 e final no apoio nº 68 proxectado da LMT SNT-839 e se retensará o condutor existente nos catro vans afectados polo recuamento.

– LMTA (actuación nº 2) a 20 kV, de 184 m, condutor tipo LA-30 Al, con orixe no apoio nº 72-4 proxectado, na LMT a CT Reboredo (15AH43), e final no apoio nº 72-5 proxectado, na LMT a CT Reboredo (15AH43) e se retensará o condutor existente no van afectado polo recuamento.

– LMTA (actuación nº 3) a 20 kV, de 93 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio nº 73-5 proxectado, na LMT a CT Forte II (15CHWT), e final no apoio nº 73-6 proxectado, na LMT a CT Forte (15CHWT) e se retensará o condutor existente no van afectado polo recuamento.

– LMTS (actuación nº 1) a 20 kV, de 30 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm2 Al, con orixe no apoio nº 68 proxectado da LMT SNT-839 e final no CS proxectado.

– LMTS (actuación nº 2) a 20 kV, de 800 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm2 Al, con orixe no CS proxectado e final na LMT soterrada da SNT-839.

– LMTS (actuación nº 3) a 20 kV, de 740 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no CS proxectado e final no apoio nº 72-4 proxectado da LMT a CT Reboredo (15AH43).

– LMTS (actuación nº 4) a 20 kV, de 1.450 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no CS proxectado e final no apoio nº 73-5 proxectado da LMT a CT Forte II (15CHWT).

– CS 4L con manobra exterior.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro de 2013).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro de 2000).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construcción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 2 marzo de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña