Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 26 de maio de 2017 Páx. 25651

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 25 de abril de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ares (expediente IN407A 2017/051-1).

Expediente: IN407A 2017/051-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento MT na estrada DP-402 Ares-Chanteiro.

Concello: Ares.

Características técnicas:

Desmontaxe tramo liña de media tensión aérea VDC-705 entre o CT Golmar (expediente 27.265) e o apoio nº 78 existente, a 15 kV, cunha lonxitude de 125 m, condutor tipo LA-56 mm2 AI.

Retensamento tramo liña de media tensión aérea VDC-705, a 15 kV, con orixe entre o apoio nº 78 proxectado que substitúe ao existente no tramo entre o CT Golmar e a derivada ao CT Lubre (expediente 13.201), cunha lonxitude de 485 m, condutor tipo LA-56 mm2 AI (existente), e final no apoio nº 81 existente entre o CT Golmar e a derivada ao CT Lubre.

Tramo liña de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 175 m, con orixe no CT Gomar, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 AI e final no paso subterráneo a aéreo que se vai realizar no apoio nº 78 proxectado que substitúe ao existente da LMT VDC-705, no tramo entre o CT Golmar e a derivada ao CT Lubre.

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 25 de abril de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña