Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 26 de maio de 2017 Páx. 25556

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2017/18.

Co obxecto de dar continuidade ao proxecto de Educación Dixital (E-Dixgal) para o curso 2017/18, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, resolve anunciar:

Primeiro. Que na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (www.edu.xunta.gal) estará dispoñible a convocatoria de selección de centros para participar no proxecto de Educación Dixital (E-Dixgal) para o curso 2017/18.

Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Que os centros deberán cubrir a solicitude que figura como anexo I da convocatoria e dirixila á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2017

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa