Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 26 de maio de 2017 Páx. 25632

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de resolución (ETX 23/2017).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 23/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José María Losada Ruibal, Francisco Diéguez Otero, José Manuel Ferreiros Camiña, Efrén García Baqueta, Andrés Gonzalez Ríos, Juan Carlos Parguiña Bayón, Jesús Romero Romero e José Manuel Lourido González contra Mantenimiento de Plantas Industriales, S.L. sobre ordinario, foron ditadas resolucións en que se acorda:

Declarar o executado Mantenimiento de Plantas Industriales, S.L. en situación de insolvencia polo importe de 65.475,81 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

E para que sirva de notificación en legal forma a Mantenimiento de Plantas Industriales, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 3 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza