Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 26 de maio de 2017 Páx. 25699

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Ver_PDF.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo tramítase o recurso 130/2017 (procedemento abreviado), interposto por Ver_PDF, contra a Resolución do 6 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (DOG núm. 52, do 15 de marzo).

Categoría: técnico/a superior en documentación sanitaria.

Acceso: selección temporal.

Ámbito: autonómico.

Epígrafe: formación.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2017

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos