Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 2017 Páx. 25156

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2017 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde (2ª edición).

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (Acsuga).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 25 de setembro de 2015 (publicado no BOE do 21 de outubro de 2015 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 2 de outubro de 2015).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do apartado 5.1 da Memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde (2ª edición) pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 3 de maio de 2017

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Máster universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde (2ª edición)

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Vigo e A Coruña.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

30

Optativas

20

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

10

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

O proceso de investigación nas ciencias da actividade física e o deporte

3

Obrigatorio

Materias obrigatorias

A comunicación científica e fontes documentais nas ciencias da actividade física e o deporte

3

Obrigatorio

Materias obrigatorias

Metodoloxía experimental e caseexperimental nas ciencias da actividade física e o deporte

3

Obrigatorio

Materias obrigatorias

Metodoloxía selectivo correlacional

3

Obrigatorio

Materias obrigatorias

Deseños observacionais aplicados á investigación no deporte

3

Obrigatorio

Materias obrigatorias

Metodoloxía cualitativa nas ciencias da actividade física e do deporte

3

Obrigatorio

Materias obrigatorias

Revisión sistemática e metaanálise

3

Obrigatorio

Materias obrigatorias

Análise exploratoria de datos e análise inferencial

4

Obrigatorio

Materias obrigatorias

Análise multivariante

5

Obrigatorio

Materias obrigatorias

Exercicio e condición física no eido do rendemento e a saúde

20

Optativo

Materias optativas

Aprendizaxe e control motor

20

Optativo

Materias optativas

Investigación en educación física, actividade física e deportes

20

Optativo

Materias optativas

Análise do rendemento nos deportes

20

Optativo

Materias optativas

Actividades acuáticas, salvamento e socorrismo

20

Optativo

Materias optativas

Traballo fin de máster

10

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde, o alumnado deberá superar os 60 ECTS dos que consta o máster.