Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 2017 Páx. 25149

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 16 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industrial e hoteleiro, para o ano 2017 e 2018, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código IN417Y).

BDNS (Identif.): 347188.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídos no sector hoteleiro ou da industria. Para efectos desta resolución considerárase sector hoteleiro os servizos de aloxamento incluídos entre as clases 55.10 e 55.90 da CNAE 2009. Dentro do sector industrial serán subvencionables as empresas incluídas na sección B, C ou D da CNAE-2009, coa excepción da industria extractiva enerxética, as de refinación do petróleo e biocombustible, así como as empresas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica.

b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía.

Segundo. Obxecto

A realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas do sector industrial e hoteleiro.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Resolución do 16 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industrial e hoteleiro, para o ano 2017 e 2018, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código IN417Y).

Cuarto. Contía

1. A contía global da convocatoria ascende a 9.750.000,00 euros. O financiamento da convocatoria correspóndese con fondos comunitarios derivados do programa Galicia 2014-2020 Feder nun 80 % e financiamento privado nun 20 %.

Financiamento - Fondos Feder 2014-2020

Distribución por liña de axuda

Anualidade 2017

Anualidade 2018

Total (€)

AE - Auditorías enerxéticas

94.000,00

6.000,00

100.000,00

SX - Implantación sistemas de xestión

94.000,00

6.000,00

100.000,00

PAEI - Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector industrial e ESE

8.060.500,00

514.500,00

8.575.000,00

PAES - Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector hoteleiro

916.500,00

58.500,00

975.000,00

Total

9.165.000,00

585.000,00

9.750.000,00

2. A contía da subvención será do 30 % do custo elixible da nova instalación, cun máximo de 200.000 euros por proxecto. No caso de axudas concedidas a pequenas e medianas empresas, a intensidade da axuda incrementarase en 10 puntos porcentuais, ata o 40 % do custo elixible.

No caso de axudas á elaboración de auditorías enerxéticas, a intensidade de axuda será do 50 % do custo elixible.

No caso de auditorías enerxéticas e de implantación de sistemas de xestión, o importe total das axudas de minimis concedidas a unha única empresa non excederá 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais, 100.000 euros cando se trate de empresas de transportes de mercadorías por estrada por conta allea, 30.000 euros para empresas do sector da pesca e da acuicultura e 15.000 euros para empresas do sector agrícola. No resto dos casos a axuda máxima por empresa será de 1.000.000 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficila de Galicia e rematará o 6 de xullo de 2017.

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal. Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia