Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 2017 Páx. 25277

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades e soporte no sistema de xestión de incendios forestais (expediente 2017/PA/0014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o obxecto é a contratación do servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades e soporte do sistema de xestión de incendios forestais de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 17.1.2017.

DOUE: 13.1.2017.

BOE: 24.1.2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto, harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 495.867,77 €.

5. Orzamento base de licitación:

O orzamento máximo autorizado é de 330.578,51 € máis 69.421,49 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 400.000 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 5.4.2017.

b) Data de formalización do contrato: 10.5.2017.

c) Contratista: UTE Bahía Software, S.L.U.-Vexiza, S.L.

d) Importe de adxudicación: 359.975,00 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia