Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 2017 Páx. 25198

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (638/2015).

PO Procedemento ordinario 638/2015

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: David Baliño Quiñones

Demandados: Elaboro Ingeniería del Software, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial)

Avogado/a Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 638/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Baliño Quiñones contra Elaboro Ingeniería del Software, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2017

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 638/2015, nos cales son parte, como demandante, David Baliño Quiñones, asistido pola letrada Sra. Sánchez García e, como demandado, Elaboro Ingeniería del Software, S.L., que non comparece, a pesar da súa citación en legal forma, igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), con comparecencia de Sergio Campos Nieto, citado en calidade de administrador concursal, pronunciou esta sentenza, en nome del rei, con base nos seguintes,

Decido.

Estimar parcialmente a demanda interposta por David Baliño Quiñones contra Elaboro Ingeniería del Software, S.L., con comparecencia de Sergio Campos Nieto, en calidade de administrador concursal e, en consecuencia, condénase a Elaboro Ingeniería del Software, S.L. a aboar á parte demandante a cantidade de 5.273,65 euros en concepto de salarios, máis xuros por demora do 10 %, sen prexuízo da responsabilidade, se for o caso, do Fogasa, debendo todas as partes estar e pasar pola anterior declaración e condena.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que no momento de anuncialo acredite a parte que non teña o carácter de traballador ou habente causa dun deles ou de beneficiaria do réxime público de Seguridade Social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 € na conta deste xulgado, así como acreditar ao anunciar o recurso ter consignado na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena. A consignación en metálico pódese substituír polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Elaboro Ingeniería de Software, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza