Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 2017 Páx. 24920

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (428/2014).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 428/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Bello López contra I-Vamos, Empresa de Servicios Especializados, S.L. e Fogasa sobre ordinario, se ditou resolución do 27 de abril de 2017 contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días, facéndolles saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a I-Vamos, Empresa de Servicios Especializados, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de maio de 2017

O letrado da Administración de xustiza