Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 2017 Páx. 24981

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2017 pola que se anuncia a licitación do contrato de subministración de ampliación e renovación de infraestrutura para a análise da contaminación química e microbiolóxica en matrices ambientais e alimentarias, cofinanciado nun 80 % con fondos Feder (ref. UNLC15-DE-3431) e nun 20 % pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia (expediente 2017/1009) (cinco lotes).

– Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información

a) Organismo: Universidade da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica-Sección de Contratación.

2) Domicilio: Reitoría da Universidade da Coruña. R/ Maestranza, núm. 9, 1º andar.

3) Localidade e código postal: A Coruña 15001

4) Teléfono: +34 981 16 70 00 (extensións 1119, 1120).

5) Telefax: +34 981 16 70 20.

6) Correo electrónico: seccion.contratacion@udc.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.udc.gal/contratacionadministrativa

8) Data límite de obtención de documentación e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

*Número de expediente: 2017/1009 (5 cinco lotes).

– Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: ampliación e renovación de infraestrutura para a análise da contaminación química e microbiolóxica en matrices ambientais e alimentarias. Lote 1: equipamento de PCR cuantitativa en tempo real. Lote 2: diversos equipos para a Unidade de Bioloxía Molecular. Lote 3: analizador de carbono orgánico con módulo de análise de nitróxeno total. Lote 4: sistema para a análise directa de mercurio en mostras sólidas e líquidas. Lote 5: sistema automático de limpeza de material para análise de trazas.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si (cinco lotes).

d) Lugar de execución/entrega: servizos de apoio á investigación (SAI).

1) Domicilio: Campus de Elviña.

2) Localidade e código postal: A Coruña 15071

e) Prazo de execución/entrega: 90 días naturais para cada un dos lotes.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura). Lote 1: 38951000-6; lote 2: 38000000-5; 39711130-9; 39711123-7; 33191110-9; 42943000-8; 42943200-0; lotes 3 e 4: 38434560-9; lote 5: 38000000-5.

– Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

– Valor estimado do contrato: 186.622,03 euros.

– Orzamento base de licitación:

Importe neto: 186.622,03 euros. Lote 1: 39.800,00 euros. Lote 2: 27.624,03 euros. Lote 3: 62.500,00 euros. Lote 4: 39.786,00 euros. Lote 5: 16.912,00 euros.

Importe total: 225.812,66 euros. Lote 1: 48.158,00. Lote 2: 33.425,08 euros. Lote 3: 75.625,00. Lote 4: 48.141,06 euros. Lote 5: 20.463,52 euros.

– Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % do importe da adxudicación (IVE excluído).

Complementaria: 5 % do importe da adxudicación (IVE excluído).

– Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (de ser o caso): os que figuran no PCAP.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (de ser o caso): os que figuran no PCAP.

c) Outros requisitos específicos: os que figuran no PCAP.

– Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: de luns a venres, antes das 14.00 horas, do décimo quinto día natural que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o prazo remata en día inhábil, trasladarase ao día seguinte hábil.

b) Modalidade de presentación: a que figura no PCAP.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade da Coruña.

2) Domicilio: Reitoría. R/ Maestranza, núm. 9.

3) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Admisión de variantes, se procede: especifícase no PCAP.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: especifícase no PCAP.

– Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura dos criterios non avaliables de forma automática (sobre B) e dos criterios avaliables de forma automática (sobre C).

b) Enderezo: Reitoría. R/ Maestranza, núm. 9.

c) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Data e hora:

1) Apertura do sobre B: o quinto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de proposicións, ás 12.00 horas.

2) Apertura do sobre C: a mesa de contratación comunicará, a través do perfil do contratante, o día e a hora en que terá lugar.

– Gastos de publicidade: serán por conta das empresas adxdicatarias a rateo.

– Outras informacións: o adxudicatario da contratación estará obrigado a cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8-9 do Regulamento CE nº 1080/2006, do Parlamento Europeo e do Consello, e concordantes, relativo ao Feder.

A Coruña, 10 de maio de 2017

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 12.1.2016)
Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña