Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 2017 Páx. 24944

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se publica a transmisión do contrato de xestión do servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-0965; XG-058.

A Dirección Xeral de Mobilidade, mediante Resolución do 19 de abril de 2017, autorizou a transmisión do contrato de xestión do servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-0965; XG-058 Viveiro-O Valadouro-Mondoñedo con anexos, a favor da empresa Autobuses de Viveiro Otero, S.L. por cesión do seu anterior titular Juan Ramón Méndez Fernández.

Procede a súa publicación, unha vez que se cumpriron os requisitos a que se condicionou a dita autorización, polo que o novo contratista queda subrogado nos dereitos e obrigas do contrato.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2017

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade