Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 2017 Páx. 24978

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 8 de maio de 2017, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de baixa da autorización turística e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a Resolución do 3 de xaneiro de 2017, da baixa dos establecementos indicados no anexo, xa que, intentada a notificación, non se puido efectuar polos medios habituais.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpor recurso potestativo de reposición ante esta Axencia Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 8 de maio de 2017

María Ángeles Herrero Pérez
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Establecemento: La Paponia.

Signatura: V-PO-001446.

Razón social: José Feijoo Feijoo.

Enderezo: avda. García Barbón, 21.

Concello: Vigo.

Establecemento: Acuario.

Signatura: V-PO-000002.

Razón social: Joaquín González Fernández.

Enderezo: López Neira, 6.

Concello: Vigo.

Establecemento: Aloia.

Signatura: V-PO-000616.

Razón social: Naiara Escalante Zocas.

Enderezo: Calvo Sotelo, 33.

Concello: Tui.

Establecemento: GB 56.

Signatura: V-PO-003950.

Razón social: Café Bar García Barbón 56, S.L.

Enderezo: García Barbón, 56.

Concello: Vigo.

Establecemento: City Dorner Kebap 2.

Signatura: V-PO-005518.

Razón social: City Dorner Kebap 2, C.B.

Enderezo: Virxe do Camiño, 18.

Concello: Pontevedra.

Establecemento: Beaca.

Signatura: V-PO-008827.

Razón social: Ludeiros, C.B.

Enderezo: Álvaro Cunqueiro, 10, baixo.

Concello: Vigo.