Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 2017 Páx. 24935

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización dos contratos de servizo de vixilancia e seguridade en varios edificios xudiciais da Xunta de Galicia (10 lotes).

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos administrativos de servizos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2016-SEXU 28 a 37/EM

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=53260

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de vixilancia e seguridade en varios edificios xudiciais da Xunta de Galicia (10 lotes).

c) División por lotes e número de lotes: dez.

Lote 1: sede do Rexistro Civil da Coruña.

Lote 2: sede do Rexistro Civil de Ourense.

Lote 3: sede dos xulgados do mercantil e do contencioso-administrativo da Coruña (plantas 5ª, 6ª e 7ª do Edificio Proa. Matogrande).

Lote 4: sede do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui.

Lote 5: edificio dos xulgados de Cangas do Morrazo.

Lote 6: sede da Subdirección do Imelga na Coruña.

Lote 7: edificio dos xulgados de Lalín.

Lote 8: edificio xudicial vello de Vigo.

Lote 9: edificio dos xulgados de Ferrol-xulgado de garda.

Lote 10: sede do Servizo Común de Actos de Comunicación e Execución de Vigo.

d) CPV: 79710000-4 (servizos de seguridade) e 79714000-2 (servizos de vixilancia).

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 13.8.2016, 24.8.2016 e 6.9.2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato para os dez lotes: 791.318,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 359.690,00 €, desagregado por lotes do seguinte xeito: lote 1: 39.310,00 €; lote 2: 87.600,00 €; lote 3: 51.725,00 €; lote 4: 25.865,00 €; lote 5: 25.865,00 €; lote 6: 25.865,00 €; lote 7: 25.865,00 €; lote 8: 25.865,00 €; lote 9: 25.865,00 €; lote 10: 25.865,00 €.

Importe total: 4.435.224,90 €, desagregado por lotes do seguinte xeito: lote 1: 47.565,10 €; lote 2: 105.996,00 €; lote 3: 62.587,25 €; lote 4: 31.296,65 €; lote 5: 31.296,65 €; lote 6: 31.296,65 €; lote 7: 31.296,65 €; lote 8: 31.296,65 €; lote 9: 31.296,65 €; lote 10: 31.296,65 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 7 de decembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 27 de abril de 2017.

c) Contratista: Ilunión Seguridad, S.A.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 349.007,62 €, desagregado por lotes do seguinte xeito: lote 1: 38.505,19 €; lote 2: 86.005,27 €; lote 3: 49.497,48 €; lote 4: 25.410,45 €; lote 5: 25.176,80 €; lote 6: 25.773,89 €; lote 7: 24.403,01 €; lote 8: 24.872,38 €; lote 9: 24.966,47 €; lote 10: 24.396,68 €.

Importe total: 422.299,22 €, desagregado por lotes do seguinte xeito: Lote 1: 46.591,28 €; lote 2: 104.066,38 €; lote 3: 59.891,95 €; lote 4: 30.746,64 €; lote 5: 30.463,93 €; lote 6: 31.186,41 €; lote 7: 29.527,64 €; lote 8: 30.095,58 €; lote 9: 30.209,43 €; lote 10: 29.519,98 €.

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: ofertas economicamente máis vantaxosas.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2017

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza