Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 2017 Páx. 24973

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2017 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento en sistemas dos eidos de benestar, medio rural, mar, emprego, ambiente e mobilidade (expediente 2017/PA/0039).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 2017/PA/0039.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o presente procedemento ten como obxecto a contratación do servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento en sistemas dos eidos de Benestar, Medio Rural, Mar, Emprego, Medio Ambiente e Mobilidade.

b) División por lotes e número: si, 6.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 24 meses que se contarán a partir do 1.9.2017 para o lote 6, a partir do 1.11.2017 para os lotes 1, 2 e 5 e a partir do 16.11.2017 para os lotes 3 e 4. Se a data de formalización do contrato fose posterior a esta última, o prazo de execución de 24 meses computarase desde a data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Valor estimado: 2.504.318,19 € (sen IVE).

5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 834.772,73 € máis 175.302,27 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 1.010.075,00 €, que se distribúe nos seguintes lotes:

Lote 1: sistema de información de xestión de cooperativas, centros especiais de emprego e sociedades laborais:

• 2017: 6.912,89 € + IVE (1.451,71 €) = 8.364,60 €

• 2018: 41.477,28 € + IVE (8.710,23 €) = 50.187,51 €

• 2019: 34.564,38 € + IVE (7.258,52 €) = 41.822,90 €

Lote 2: sistema de información de xestión do Centro de Novas Tecnoloxías:

• 2017: 3.830,92 € + IVE (804,49 €) = 4.635,41 €

• 2018: 22.985,54 € + IVE (4.826,96 €) = 27.812,50 €

• 2019: 19.154,61 € + IVE (4.022,47 €) = 23.177,08 €

Lote 3: sistemas de información do ámbito de medio ambiente e transporte:

• 2017: 8.057,85 € + IVE (1.692,15 €) = 9.750,00 €

• 2018: 64.462,81 € + IVE (13.537,19 €) = 78.000,00 €

• 2019: 56.404,96 € + IVE (11.845,04 €) = 68.250,00 €

Lote 4: sistema de información de xestión integral da formación pesqueira e do mar:

• 2017: 7.963,60 € + IVE (1.672,36 €) = 9.635,96 €

• 2018: 63.708,68 € + IVE (13.378,82 €) = 77.087,50 €

• 2019: 55.745,08 € + IVE (11.706,47 €) = 67.451,55 €

Lote 5: sistemas de información do ámbito de política social:

• 2017: 28.925,62 € + IVE (6.074,38 €) = 35.000,00 €

• 2018: 173.553,72 € + IVE (36.446,28 €) = 210.000,00 €

• 2019: 144.628,10 € + IVE (30.371,90 €) = 175.000,00 €

Lote 6: sistema de información de xestión do Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia:

• 2017: 17.066,11 € + IVE (3.583,88 €) = 20.649,99 €

• 2018: 51.198,35 € + IVE (10.751,65 €) = 61.950,00 €

• 2019: 34.132,23 € + IVE (7.167,77 €) = 41.300,00 €

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=164213

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase o apartado N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 26.6.2017, de acordo o establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Entidade: Rexistro da Amtega.

Dirección: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas:

O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 16.5.2017.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia