Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 2017 Páx. 24765

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de licitación da explotación dos servizos de tempada nas praias de Areas, Baltar, Canelas, Paxariñas, Montalvo e Major.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexen a contratación da explotación dos servizos de tempada nas praias de Areas, Baltar, Canelas, Paxariñas, Montalvo e Major, anúnciase a convocatoria para a súa contratación.

1. Obxecto: a contratación da explotación dos servizos de tempada nas praias de Areas, Baltar, Canelas, Paxariñas, Montalvo e Major.

A adxudicación realizarase polos seguintes lotes:

i. Lote A. Praia de Areas.

ii. Lote B. Praia de Baltar.

iii. Lote C. Praia de Canelas.

iv. Lote D. Praia de Paxariñas.

v. Lote E. Praia de Montalvo.

vi. Lote F. Praia de Major.

2. Duración do contrato: o contrato terá unha duración de un (1) ano, desde a súa sinatura, coa posibilidade da existencia de tres (3) prórrogas dun ano cada unha, entendendo que poderán afectar ás tempadas de 2018, 2019 e 2020.

3. Prezo da licitación: por anualidade, non poderá ser inferior ás seguintes cantidades:

• Lote A (Areas):

– 15.000,00 euros/ano (sen IVE).

– 3.150,00 euros/ano (21 % IVE).

– 18.150,00 euros/ano (con IVE).

• Lote B (Baltar):

– 7.000,00 euros/ano (sen IVE).

–  1.470,00 euros/ano (21 % IVE).

– 8.470,00 euros/ano (con IVE).

• Lote C (Canelas):

– 35.000,00 euros/ano (sen IVE).

–  7.350,00 euros/ano (21 % IVE).

– 42.350,00 euros/ano (con IVE).

• Lote D (Paxariñas):

– 4.500,00 euros/ano (sen IVE).

–  945,00 euros/ano (21 % IVE).

– 5.445,00 euros/ano (con IVE).

• Lote E (Montalvo):

– 25.000,00 euros/ano (sen IVE).

–  5.250,00 euros/ano (21 % IVE).

– 30.250,00 euros/ano (con IVE).

• Lote F (Major):

– 5.000,00 euros/ano (sen IVE).

–  1.050,00 euros/ano (21 % IVE).

– 6.050,00 euros/ano (con IVE).

4. Procedemento e tramitación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto.

5. Lugar e prazo de presentación de ofertas: o prazo de presentación de proposicións será de quince (15) días naturais que se contarán desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP), Diario Oficial de Galicia (DOG) e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do Concello de Sanxenxo, www.sanxenxo.es. O cómputo de prazos comezará desde a última publicación en calquera dos medios citados. As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, en sobres pechados que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador ou persoa que o represente e coa documentación e requisitos exixidos no prego administrativo.

6. Único criterio de adxudicación: o prezo. O licitador ofertará unha cantidade que non poderá ser inferior ao prezo por anualidade e por lote, co IVE incluído, que se describe na cláusula 2ª do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante PCAP) que rexe esta contratación.

7. Mesa de contratación: constituirase de acordo co sinalado nas cláusulas 8ª e 9ª do PCAP.

8. Clasificación: non se exixe.

9. Solvencias: acreditarase segundo o disposto na cláusulas 6ª e 12ª do PCAP.

a) Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante un seguro de indemnización por riscos profesionais no que se inclúan coberturas de responsabilidade civil derivada do exercicio da actividade, por importe equivalente ao triple do prezo por anualidade do contrato, sen IVE, que para cada lote se detalla na cláusula 2ª do PCA durante toda a execución do contrato, para o que se presentará un certificado expedido polo asegurador no que conste o importe e riscos asegurados e a data de vencemento do seguro, así como achegar o documento de compromiso vinculante da renovación ou prórroga que garanta o mantemento de cobertura durante toda a execución do contrato. Non será necesario acreditar esta solvencia se o licitador esta inscrito no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Estado ou no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Solvencia técnica e profesional: acreditarase mediante a presentación polo licitador dunha relación dos principais servizos, que incluirá importe, datas e o destinatario, público ou privado, destes, realizados nos últimos cinco (5) anos anteriores á data finalización do prazo de presentación de ofertas desta licitación, debendo acreditar o licitador como executado en servizos de igual ou similar natureza que os que constituen o obxecto do contrato, tomando como criterio de correspondencia entre os servizos executados polo licitador e os que constitúen o obxecto do contrato, a pertenza ao mesmo subgrupo de clasificación para o CPV 55100000-1, ou a igualdade entre os dous primeiros díxitos do CPV 92332000-7 (92) para este último CPV, durante o ano de maior execución do período citado, un importe igual ou superior a:

Lote A - Praia Areas: 7.500,00 €, sen incluír o IVE.

Lote B - Praia Baltar: 3.500,00 €, sen incluír o IVE.

Lote C - Praia Canelas: 17.500,00 €, sen incluír o IVE.

Lote D - Praia Paxariñas: 2.250,00 €, sen incluír o IVE.

Lote E - Praia Montalvo: 12.500,00 €, sen incluír o IVE.

Lote F - Praia Major: 2.500,00 €, sen incluír o IVE.

10. Garantía definitiva: do 5 % do importe da adxudicación, excluído o IVE.

11. Entidade e información: Concello de Sanxenxo - Sección de Contratación. Tel.: 986 72 00 75. A documentación recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web www.sanxenxo.es perfil de contratante.

Sanxenxo, 12 de maio de 2017

Gonzalo Gonzalo Pita
Alcalde