Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 2017 Páx. 24750

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 5 de maio de 2017, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica a Resolución do 20 de marzo de 2017 ditada no expediente sancionador LU-22/2016, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado que a seguir se relaciona a resolución do procedemento sancionador en materia de turismo da xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo, por infracción administrativa da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, expediente número LU-22/2016, incoado ao titular do establecemento denominado Latino, situado na rúa Mondoñedo nº 2 do concello de Vilalba (Lugo), xa que intentada a notificación polos medios habituais non se puido efectuar.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela o interesado poderá interpoñer recurso de alzada ante a Dirección da Axencia Turismo de Galicia no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, sen prexuízo de que o interesado poida interpoñer calquera outro que estimen oportuno.

De non ter presentado recurso no dito prazo, a sanción devirá firme, debendo aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior.

O aboamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias da Área Provincial de Turismo de Lugo. De non efectuarse o ingreso, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento.

Lugo, 5 de maio de 2017

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área provincial de Turismo

ANEXO

Expediente: LU-22/2016.

Denunciado: Manuel Ángel Rodríguez Fontao.

Establecemento: Latino.

Enderezo: rúa Mondoñedo, nº 2. Localidade: Vilalba.

Preceptos infrinxidos: artigo 35.f) da Lei 7/2011.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.b) da Lei 7/2011.

Cualificación: leve.

Resolución: 20 de marzo de 2017.

Sanción: 200,00 € (douscentos euros).